Saltear al contenido principal
Ponencia Comercio Electrónico De Proximidade Na USC Economía Social

Ponencia Comercio Electrónico de Proximidade na USC Economía Social

Javier Varela, Consultor de Marketing, participou coa ponencia «Comercio electrónico no comercio de proximidade«, na mostra virtual «Préndete da economía social» organizada pola Universidade de Santiago de Compostela. Esta mostra emerxe como unha actividade dun só día orientada a achegar a economía social á contorna da Universidade de Santiago de Compostela.

A ponencia de Javier Varela estructurouse sobre 5 ideas básicas:

  1. A Covid-19 aceleróuno todo.
  2. O cliente as novas formas de manifestarse.
  3. Proximidad: Do prático ao emocional.
  4. Economía Social: Máis alá dos beneficios.
  5. O Comercio Electrónico en mercados de proximidade.

A finalidade desta mostra é xerar un ecosistema real de economía social mediante:

  • Experiencias de empresas de economía social
  • Tendencias e oportunidades de negocio en sectores emerxentes
  • Ferramentas facilitadoras para mellorar a competitividade do teu negocio
  • Demolabs tecnolóxicos
  • Showrooms de startups responsables

A mostra celebrouse en formato online e acolleu diversas actividades ao longo da xornada:

1. Difusión e divulgación dun panel de empresas de economía social cunha traxectoria exitosa no eido empresarial galego, coma Galletas Daveiga, Galega de Economía Social, CEM S. Coop, Strelia S. Coop. Galega, Casa Grande de Xanceda, …

2. Tendencias sectoriais e de xestión e oportunidades de negocio emerxentes, relacionadas coas seguintes temáticas:

  • Xestión de datos masivos: Como converter datos dispersos en información útil para túa empresa
  • Oportunidades de negocio baseadas en mobilidade intelixente
  • Valorización de recursos naturais
  • Economía circular/Eficiencia enerxética
  • Comercio electrónico no comercio de proximidade

3. Showrooms virtuais, para o coñecemento de novas persoas emprendedoras. Participaron:

  • Sanxerome
  • Boasemente
  • Azul Cielo
  • Nael Swimwear
  • Milhulloa

4. Coloquio de demolabs tecnolóxicos na que participaron 4 empresas relacionadas con:

  • Solucións tecnolóxicas baseadas en realidade aumentada e virtual
  • MycoGalicia Plantae. Os recursos naturais
  • Xestión intelixente de parcelas no rural
  • Arquitectura a través de realidade virtual

Máis info | USC Economía Social

Ponencia Javier Varela - Comercio electronico proximidad - USC - Economia Social

Javier Varela - Comercio electronico proximidad - USC - Economia Social

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba