Un nadal á nosa maneira



Manifesto por un nadal á nosa maneira.
En tempos de luces que brillan demasiado e mensaxes que pasan demasiado rápido, nós preferimos parar.
Mirar arredor.
Sentir o que é noso.
Porque apostamos un nadal que non se mida en pedidos, en bolsas nin en clics.
Preferimos medilo en conversas longas, en cafés, en xuntanzas e en xente que se saúda polo nome.
Para nós, o espírito do nadal non chega en trineo cun pucho vermello: chega coa brétema, co lume e co agarimo da nosa xente.
Este ano, apostamos por un nadal máis humano, máis galego e máis sostible.
Por celebrar con calma, por apoiar o comercio local, por volver ás tradicións que nos fan únicos.
Un nadal no que celebramos o que somos.
Por dicir con orgullo que non precisamos importar ilusión, porque a nosa xa chega soa, dende dentro.
Queremos un nadal con menos présa e máis verdade.
Un nadal á nosa maneira.
BO NADAL E FELIZ 2026
—
Equipo de Javier Varela | Marketing





Un nadal á nosa maneira
Llámanos
y te ayudamos
con tu marketing.
Plaza de Curros Enríquez, 4 – 3ºB
36002 – Pontevedra
T. 649 436 993
E. hola@javiervarela.net


