Saltear al contenido principal
Social Media No Programa Formativo Aceleratic 2018 De Amtega E IESIDE

Social Media no Programa Formativo Aceleratic 2018 de Amtega e IESIDE

Javier Varela consultor de marketing en toctoc | marketing studio imparte o módulo ou Sesión 3 ‘Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas canles de comunicación co cliente. Social Media‘ no Programa Formativo Aceleratic de Transformación Dixital das Pemes, organizado pola Amtega – Xunta de Galicia y desenrolado pola IESIDE Business School.

O programa Aceleratic permitiralles aos participantes reflexionar sobre os aspectos e as novidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das súas empresas e descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción de novas ferramentas de transformación dixital. Trátase de proporcionar unha folla de ruta a cada participante que lle permita afrontar este desafío na súa empresa. O programa achégalles as novas estruturas organizativas, os novos modelos de relación coa clientela e a xestión do cambio, e outorga ferramentas estratéxicas, tácticas e operativas para avanzar nese eido.

AceleraTIC estrutúrase en 4 sesións formativas de 8 horas de formación impartidas por expertos en cada materia:
  • 30/10 – Sesión 1: Tranformando dixitalmente a estratexia da nosa peme. Bigdata, Cloud Computing, AppEconomy, IoT, Robotización e Industria 4.0. Álvaro Gómez Vieites
  • 13/11 – Sesión 2: Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing dixital.  Gonzalo Garre Rodas
  • 20/11 – Sesión 3: Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme.. Nuevas canles de comunicación co cliente. Social Media. Javier Varela González
  • 27/11 – Sesión 4: Transformando dixitalmente a canle de venta da nosa peme. O comercio electrónico como unha alternativa estratexica. Carlos Otero Barros
  • 2 Sesións de titorización/consultoría para cada asistente con fin de establecer a súa folla e ruta personalizada en base as materias abordadas nas sesións.

O programa presenta unha serie de accións que serven de difusión, sensibilización e formación para o persoal directivo das pemes galegas e están encamiñadas a que os asistentes reflexionen sobre os aspectos e as novidades tecnolóxicas que poidan ser de utilidade no día a día nas súas empresas.

En definitiva, trátase de construír un perfil directivo que manexe o dixital dende un punto de vista estratéxico, que coñeza a contorna dixital, adquira as habilidades necesarias para entender que valor pode achegar a tecnoloxía ao negocio e impulse os cambios necesarios na empresa para unha verdadeira transformación dixital.

Máis info | Aceleratic 2018

Curso Aceleratic 2018 - IESIDE - Javier Varela

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba